Saltar ao contido

Peada de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeada de Mercia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte656 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Rei de Mercia
655 – 656
← PendaWulfhere de Mercia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 655 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata)
Familia
CónxuxeAlhflæd (653 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisPenda Editar o valor en Wikidata  e Cinevisa (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata
IrmánsWulfhere de Mercia
Aethelred de Mercia
Edebura de Bicester
Cinesvida
Cinebura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mercia-249

Peada de Mercia, finado en 656, fillo de Penda, foi brevemente rei do sur de Mercia desde a morte do seu pai en novembro de 655, até a súa propia morte na primavera do ano seguinte[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ao redor do ano 653, Peada foi nomeado rei dos anglos medios polo seu pai. Beda, describiu a Peada como

un mozo excelente e o máis digno do título e a persoa dun rei

escribiu que tratou de casar con Alchflaed, filla do rei Oswiu de Northumbria. Con todo, Oswiu condicionou a voda ao bautismo e conversión ao cristianismo de Peada, xunto cos anglos medios (Peada era aínda pagán nese momento, como o seu pai). Beda di que Peada aceptou con entusiasmo a conversión:

Cando escoitou a predicación da verdade, a promesa do reino celestial, a esperanza da resurrección e da inmortalidad futura, declarou que estaba disposto a converterse en cristián, aínda cando rexeitaba á virxe, prevaleceu principalmente en recibir a fe de Aifrid, o fillo do rei Oswiu, que era o seu familiar e amigo, e que casou coa súa irmá Cyneburga, filla do rei Penda.

Peada foi bautizado posteriormente por Finan de Lindisfarne, e despois comezouse unha campaña para converter ao seu pobo:

Por conseguinte foi bautizado polo bispo Finan, con todos os seus cabaleiros e soldados, e os seus serventes, que chegaron xunto con el, un pobo notábel que pertence ao rei, [...]. E tendo recibido catro sacerdotes, que pola súa erudición e boa vida se consideraban adecuados para instruír e bautizar ao seu país, regresou a casa con moita alegría. Estes sacerdotes foron Cedd e Adda, e Betti e Diuma, o último dos cales era escoto de nación, os outros ingleses. Adda era irmán de Utta, ... un célebre sacerdote e abade do monasterio de Gateshead. Os sacerdotes díxose, ao chegar á provincia co príncipe, predicaron a palabra e foron escoitados de boa gaña, e moitos, tanto da nobreza como da clase común, renunciaban ás abominacións da idolatría e eran bautizados cada día[2].

O 15 de novembro de 655, Oswiu derrotou e matou a Penda na Batalla de Winwaed, e por tanto chegou a exercer o poder en Mercia. Segundo Beda, Oswiu permitiu a Peada gobernar a parte sur de Mercia, que consistía en 5000 familias, segundo os datos de Beda, mentres que o norte de Mercia estaba poboado por 7000 familias, e estaban divididos polo río Trent[3].

De acordo coa Crónica anglosaxoa, Peada axudou a fundar o mosteiro de Peterborough:

No seu tempo, viñeron xuntos [Peada] e Oswiu, irmán do rei Oswald, declararon o seu desexo de establecer unha catedral en alabanza a Cristo e en honor de san Pedro. E así o fixeron, e déronlle o nome de Medeshamstede, porque había unha fonte chamada Medeswael. E entón comezaron os cimentos e construíron sobre eles, e confiáronllo a un monxe chamado Seaxwulf. Este era un gran amigo de Deus e todo o pobo amábao, era moi ben nacido no mundo e poderoso. Agora é moito máis potente con Cristo[4].

Con todo, a crónica continúa:

O reinado de Peada non durou moito tempo, porque foi traizoado pola súa propia raíña na Pascua

, Beda tamén informa que Peada foi

moi inicuamente asasinado

a través da traizón da súa esposa

durante o tempo mesmo da celebración da Pascua en 656[3][5]

.

  1. O ano podería retroceder a 654 se se utiliza unha interpretación revisada das datas de Beda.
  2. Beda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Libro III, capítulo 21
  3. 3,0 3,1 Beda
  4. Crónica Anglosaxoa, manuscrito E, 654–656. Traducido por Michael Swanton (1996, 1998).
  5. Crónica Anglosaxoa